O filme «Sirât», de Oliver Laxe, representará a España nos Premios Oscar

A Academia de Cine escolleu a pasada semana Sirât, dirixida polo cineasta galego Oliver Laxe, como candidata española á 98 edición dos Premios Oscar. O anuncio fíxoo público Pablo Berger, acompañado polo presidente da institución, Fernando Méndez-Leite, e a notaria Eva Fernández Medina, nun acto celebrado o mércores en Madrid.
A película, o cuarto longa de Laxe e gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cannes, está protagonizada por Sergi López e sitúa a acción nunha rave no deserto, en plena serra do sur de Marrocos. O filme contará agora cun percorrido internacional á espera de coñecer o 16 de decembro a shortlist de aspirantes ao galardón, data na que se decidirá se continúa na carreira pola estatuíña. As nominacións finais faranse públicas o 22 de xaneiro de 2026 e a gala terá lugar o 15 de marzo en Los Ángeles.
Laxe, que interveu por vía telemática, agradeceu o apoio dos académicos e subliñou que afronta o reto con ilusión. Pola súa parte, os produtores Agustín Almodóvar, Esther García e Xavi Font reclamaron apoio dos profesionais españois da Academia de Hollywood e avanzaron que a campaña de promoción incluirá pases internacionais para dar visibilidade á obra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PPdeG reclama a dimisión da ministra de Igualdade

Seguinte Nova

Clausurado en Chantada o obradoiro de emprego Serra do Faro IX

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss