O PPdeG reclama a dimisión da ministra de Igualdade

Na Comisión de Igualdade do partido na véspera do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas

A reunión estivo encabezada pola secretaria xeral do PP Paula Prado, a responsable de Promoción da Igualdade no Goberno galego, María Quintiana, e Raquel Touriño. Foto GPPP.

O PPdeG pediu o pasado luns, 22 de setembro, a dimisión da ministra de Igualdade polos fallos detectados nas pulseiras antimaltrato e pola súa vinculación cos escándalos do PSOE. A formación popular fixo este anuncio tras a reunión da Comisión de Igualdade celebrada en Santiago na véspera do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, un encontro no que participaron a secretaria xeral Paula Prado, a responsable autonómica de Igualdade, María Quintiana, e a coordinadora Raquel Touriño.
Os populares sosteñen que a compra de dispositivos defectuosos para vítimas de violencia machista demostra unha falta de compromiso coa súa protección, en liña coas consecuencias da Lei do “só si é si”, que permitiu a redución de condenas ou excarceracións de agresores sexuais. Ademais, cualifican de contraditorio que o presidente Pedro Sánchez anuncie medidas contra a prostitución cando, segundo lembran, leva sete anos sen impulsar unha Lei de Trata comprometida no Pacto de Estado de 2017.

O PPdeG critica tamén decisións como a eliminación das bonificacións por maternidade e o recorte dos fondos do Plan Corresponsables, que consideran lesivas para a conciliación. Con estes argumentos, pregúntanse se a política do Goberno en igualdade responde a desinterese polos dereitos das mulleres ou a unha estratexia para reducir competencias ata suprimir o Ministerio, como xa ocorreu en 2010 baixo outro executivo socialista.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSdeG denuncia un ataque con pintadas na súa sede provincial

Seguinte Nova

O filme «Sirât», de Oliver Laxe, representará a España nos Premios Oscar

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss