O PSdeG denuncia un ataque con pintadas na súa sede provincial

Os socialistas presentaron denuncia e cualifican os feitos como un atentado contra a liberdade política. Foto GPPSdeG.

O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo denunciou esta semana un ataque contra a súa sede, que apareceu o 16 de setembro cunha pintada ofensiva no portal. O escrito, no que se lía “Rojos de mierda”, foi cualificado polos socialistas como un “atentado contra a liberdade política e de expresión”, polo que xa presentaron a correspondente denuncia ante a Policía Nacional.
A secretaria de Organización, Pilar García Porto, advertiu de que estes feitos reproducen mensaxes da extrema dereita e constitúen “unha mostra de violencia democrática”. A dirección provincial subliñou que non é a primeira vez que se producen ataques deste tipo e que a resposta do PSOE será “máis democracia, máis diálogo e máis compromiso coa sociedade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG reclama responsabilidades e unha comisión de investigación pola vaga de incendios

Seguinte Nova

O PPdeG reclama a dimisión da ministra de Igualdade

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss