Pantón acolle unha pioneira proba de transporte de uva por dron na Ribeira Sacra

A Bodega Finca Millara sirve de escenario para unha iniciativa que analiza a viabilidade de trasladar uvas desde viñedos en zonas de difícil acceso. Foto ESCAI.

A Bodega Finca Millara, situada en A Millara (Pantón) ten previsto acoller a primeira proba de transporte de uva mediante dron na Ribeira Sacra. Durante a xornada, os asistentes poderán comprobar como as uvas seran recollidas directamente nos viñedos e trasladadas ás instalacións da bodega usando drones especialmente adaptados para este tipo de carga. A actividade enmárcase no proxecto Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores (ESCAI), promovido por ESCAI con financiamento de Ineco e apoio de AESA, ENAIRE, DGAC e do Clúster Español de Mobilidade Aérea Innovadora (SIAM).
O obxectivo desta iniciativa consiste en avaliar se a tecnoloxía dron pode mellorar a eficiencia da vendima, sobre todo en parcelas pequenas e con pendentes pronunciadas, típicas da Ribeira Sacra, reducindo o esforzo físico necesario no transporte tradicional da uva. Na demostración realízanse diferentes probas de recollida e traslado, permitindo coñecer aspectos técnicos como a capacidade de carga, autonomía e protocolos de seguridade dos drones.
Ata agora, en España, a utilización de drones na viticultura limitábase principalmente ao control sanitario e á monitorización do crecemento das viñas. Esta proba representa un paso adiante na busca de novas solucións tecnolóxicas para o sector , co potencial de optimizar os tempos e recursos na vendima.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vicepresidencia da Deputación presenta o programa de axudas á gandería «O que non arde»

Seguinte Nova

Pantón estreará a súa primeira residencia de maiores coa creación de 36 prazas

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss