Pantón estreará a súa primeira residencia de maiores coa creación de 36 prazas

Foto GPXG

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitou as obras do que será o primeiro centro residencial de maiores deste concello, proxecto impulsado pola Fundación San Rosendo. O edificio, de catro andares, contará con dúas unidades de convivencia con 18 usuarios cada unha, sumando un total de 36 prazas de atención e coidado.
A posta en marcha do centro permitirá crear 25 postos de traballo destinados ao funcionamento da residencia e ao coidado dos maiores. Durante a visita, García resaltou a colaboración entre a Xunta e a fundación para dotar aos concellos rurais de servizos específicos para persoas maiores e facilitar que estas poidan elixir onde vivir esta etapa da súa vida. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolle unha pioneira proba de transporte de uva por dron na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Pantón mobilizou un dispositivo masivo para controlar o incendio de Budián e San Román

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss