
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitou as zonas máis afectadas polo incendio que arrasou ribeiras do Cabe e alcanzou vivendas en Budián e San Román de Acedre. Toda a xente evacuada puido regresar xa ás súas casas. O dispositivo de extinción, que incluíu 17 técnicos, 105 axentes, 133 brigadas, 86 motobombas, 14 helicópteros, 12 avións e a UME, actuou para conter as 2.000 hectáreas afectadas, parte delas en Sober.•





