Quiroga recibe 250.000 euros da Deputación de Lugo para mellorar núcleos rurais e servizos

O Presidente e o Alcalde quirogués asinaron un convenio entre ambas entidades para rexenerar os accesos a núcleos de tres parroquias e o local social de Margaride, adquirir un camión de recollida de lixo e financiar un programa de actividades lúdicas Foto GPDL.

O Concello de Quiroga recibirá preto de 250.000 euros da Deputación de Lugo para financiar distintas actuacións no municipio. O acordo formalizouse no Pazo de San Marcos co presidente provincial, José Tomé Roca, e o alcalde, José Luís Rivera Castro. As inversións previstas suman case 300.000 euros e inclúen a rexeneración dos accesos a núcleos de Espandariz, Caspedro e San Pedro, así como a mellora do local social de Margaride.
A dotación permitirá tamén a adquisición dun camión para a recollida de lixo, servizo que actualmente dispón dun único vehículo para cubrir 317 quilómetros cadrados, 22 parroquias e 123 entidades de poboación.
Ademais, os fondos financiarán a segunda edición dun programa de actividades lúdicas coas que se prevén máis de 340 prazas. A iniciativa inclúe rutas de sendeirismo, barranquismo, parapente e visitas guiadas, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do municipio e fomentar o seu aproveitamento cultural e recreativo.
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou que a colaboración coas administracións locais busca achegar dotacións e servizos ao medio rural sen considerar as cores políticas, enmarcando esta acción dentro da cooperación transversal que caracteriza a actividade do goberno provincial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adif avanza na modernización ferroviaria coa supresión de pasos a nivel en Sarria

Seguinte Nova

A Xunta entrega dúas novas vivendas públicas en alugueiro

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss