
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next afronta neste mes de setembro o proceso electoral para renovar a súa Xunta Directiva. A votación presencial desenvolverase o venres 26 no Casino Ateneo de Monforte, entre as 9.00 e as 21.00 horas.
Segundo as bases do proceso, o prazo de presentación de candidaturas rematou cunha soa lista formalizada. Esta candidatura propón como presidente a Severino Rodríguez Díaz (Tramite Asesores S.L.), como vicepresidenta a Marisol Borrajo Lorenzo (Adega Vella S.L.), como secretario a Héctor Silva Martínez (Vigo10 Servicon S.L.) e como tesoureira a María del Mar Martínez Pacheco (Porta do Sil S.L.).
A candidatura incorpora tamén a un amplo grupo de vogais en representación de diferentes empresas do territorio, entre eles Iñaki Castiñeira Alemany, Eduardo Cid Fernández, Manuel Dacosta Ribera, Manuel Fernández Conde, Ana Belén Fernández Fernández, Elisa Fernández Ferreiro, Miguel García Durán, Antonio Francisco López Senra, Xesús Mazaira Varela, Sarai Ríos Rodríguez, José Manuel Rodríguez Fernández, Alberto Vázquez Cabo, Juan Luis Vázquez Rodríguez, Carlos Vila Rodríguez e Verónica López Rodríguez.•





