Sarria reuniu máis de cen vehículos clásicos na súa quinta concentración

A cita contou coa colaboración do Concello e da Deputación e incluíu unha ruta turística por Samos. Foto CCS.

O pasado domingo 21 de setembro Sarria converteuse en punto de encontro para afeccionados aos coches históricos coa celebración da V Concentración de Vehículos Clásicos “Vila de Sarria”. A xornada arrancou no Campo do Río coa recepción e a acreditación dos 120 participantes inscritos. Despois iniciouse unha ruta de 40 quilómetros que percorreu Samos, cunha parada no mosteiro e degustación de pinchos, antes do regreso a Sarria. Os vehículos quedaron expostos para o público mentres os propietarios compartiron un xantar amenizado polo dúo local The Lioness Treasure.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Luz verde ambiental para o desdobramento do corredor Lugo-Sarria

Seguinte Nova

O PP de Sarria leva ao Pleno a conservación do parque das Insuas

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss