Sober incrementa as axudas escolares e universitarias para o curso 2025/2026

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro Foto GPCS.

O Concello de Sober abriu a convocatoria das axudas destinadas a estudantes de diferentes niveis educativos, cun orzamento total de 15.000 euros, 2.500 máis ca no exercicio anterior. No curso pasado preto dun cento de escolares e universitarios recibiron estas achegas. As bases contemplan unha contía máxima de 100 euros para alumnado de Infantil (2º ciclo) e Primaria do CEIP Virxe do Carme, 125 euros para estudantes de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional, e ata 250 euros no caso de universitarios. As axudas tramítanse en réxime de concorrencia non competitiva e poderán ampliarse en función da demanda e da dispoñibilidade orzamentaria. As solicitudes poden presentarse ata o 15 de outubro nos Servizos Sociais municipais ou a través da sede electrónica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A escola infantil de Sober duplica prazas logo da súa reforma integral

Seguinte Nova

Un acio de uvas reducido a cinzas, símbolo do golpe do lume á Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss