
O incendio da pasada semana en Sober xa está estabilizado áinda que hai medios na zona para previr posibles rebotes. O lume arrasou viñas en Rosende e Anllo, a maioría sen vendimar. Técnicos recomendan non podar e regar as cepas novas, mentres se amplía o prazo das axudas da Xunta e o Concello ofrece apoio aos afectados.




