
Non cabe dúbida de que en Galicia sabemos organizar eventos, e para proba a Quiroga Bike Marathon, que contou con 160 participantes que gozaron das pistas e carreiros do do Xeoparque Montañas do Courel. Uns optaron pola opción “light” de 45km e 1400 metros de desnivel, e os máis valentes pola opción Bike Extreme de 67km. con 2400 metros de desnivel positivo. Pero o verdadeiramente importante estaba a lles esperar na meta, onde degustaron unhas magníficas paellas, empanadas e bebidas frescas.





