
O Espazo Vilaseco dos Casares, acolleu a terceira edición das xornadas Entrelazar, promovidas pola Fundación Artesanía de Galicia e comisariadas pola deseñadora e investigadora téxtil Inés Sistiaga. O encontro centrouse na cestería desde unha perspectiva transversal, analizando a relación entre o material, o territorio e a creación contemporánea.
A xerente da Fundación, Elena Fabeiro, salientou que Entrelazar contribuíu á innovación no sector mantendo como base os oficios tradicionais. O programa incluíu catro mesas de debate con artesáns e profesionais doutros ámbitos, ademais do taller Circula o territorio a través das mans, impartido pola artista colombiana Rosana Escobar. Fabeiro destacou tamén o curso Fibranzas, que desde febreiro promove a cestería.•





