As xornadas sobre ecoturismo en Ancares-Courel destacan o potencial do turismo sostible para o desenvolvemento rural

O encontro, celebrado na Estación Científica do Courel, reuniu durante tres días expertos e entidades para analizar novas vías de desenvolvemento económico respectuoso coa natureza

As xornadas sobre ecoturismo en Ancares-Courel evidencian o papel do turismo sostible no futuro do rural. Foto GPDL.

A Estación Científica do Courel acolleu do 2 ao 4 de outubro as Xornadas Técnicas “Ecoturismo en Ancares-Courel: experiencias e reflexións para o desenvolvemento rural”, un encontro que reuniu a preto dunha vintena de especialistas, representantes institucionais e entidades locais co obxectivo de avanzar nun modelo turístico sostible que favoreza o desenvolvemento do interior lucense.
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, participou no acto inaugural o foro destacando que “o turismo é unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da provincia”. Subliñou, ademais, a importancia de impulsar unha actividade turística “respectuosa co medio, xeradora de emprego e que contribúa a fixar poboación no rural”.
Durante as tres xornadas desenvolvéronse mesas de debate, dinámicas participativas e visitas guiadas que combinaron a reflexión científica coa práctica turística. Abordáronse cuestións como a valorización dos recursos locais, a creación de experiencias auténticas e o aproveitamento sostible da paisaxe. Entre as actividades destacaron unha ruta polo Souto da Ruibal e unha experiencia micolóxica centrada na biodiversidade dos soutos.
O encontro celebrado no Courel formou parte do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático), impulsado por diversas fundacións galegas e apoiado pola Fundación Biodiversidade do MITECO dentro do Plan de Recuperación financiado pola Unión Europea.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IX Foro Territorios Patrimonio reforzará en Monforte o apoio á candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco

Seguinte Nova

Medio cento de empresas da Ribeira Sacra analizan en Monforte os retos do emprendemento rural

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss