A AGASP acolleu o acto no que foron distinguidos Emilio Vázquez e Jesús López, recoñecidos polo rescate dunha persoa nun incendio

A Academia Galega de Seguridade Pública entregou este venres as Medallas ao Mérito da Policía Local aos axentes de Chantada Emilio Vázquez Guerra e Jesús López López, en recoñecemento pola súa intervención no incendio dun edificio da rúa Santa Mariña o pasado 3 de novembro, no que rescataron unha persoa con problemas de mobilidade e desaloxaron o inmoble.
Vázquez, con 27 anos de servizo, agradeceu a distinción e destacou o orgullo de salvar unha vida. López, que non puido asistir ao acto, subliñou que a condecoración é “o máximo na carreira profesional”. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, felicitou aos dous policías polo seu labor e compromiso coa veciñanza.•



