Monforte impulsa un plan de acción local aliñado coa Axenda 2030

O Concello de Monforte iniciou os traballos para deseñar un plan de acción municipal vinculado á Axenda 2030, a folla de ruta aprobada pola ONU que fixa os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Esta axenda, de carácter universal, compromete a todos os países na loita contra a pobreza, o cambio climático e a desigualdade, promovendo tamén a igualdade de xénero, o acceso á educación e á sanidade e a protección do medio ambiente.
Segundo explicou José Tomé, a adhesión a este marco permitirá aliñar as políticas públicas locais cos principios do desenvolvemento sostible e mellorar a planificación estratéxica municipal. O rexedor destacou que esta iniciativa favorecerá a participación cidadá e abrirá novas vías de financiamento autonómico, estatal e europeo. “Con esta iniciativa, amosamos un firme compromiso coa igualdade, a inclusión social e a loita contra o cambio climático”, afirmou.
Como punto de partida, o Concello levará a cabo un diagnóstico inicial para identificar programas e proxectos municipais xa coherentes cos ODS, determinar o seu grao de implantación e definir áreas prioritarias de actuación. A partir desta análise, redactarase un plan de acción local que incorporará eixos estratéxicos, metas concretas e mecanismos de avaliación.
O proxecto completarase cunha campaña de difusión dirixida tanto ao persoal técnico municipal como ao alumnado de Secundaria, co obxectivo de dar a coñecer a Axenda 2030 e fomentar o seu cumprimento a nivel local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O prazo para solicitaractuacións gratuítas ante incidencias na TDT remata o 31 de outubro

Seguinte Nova

Monforte sumouse á celebración do Día da Policía Nacional cos Santos Anxos Custodios

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Pili Chaos

Fotógrafa e curiosa por natureza, Pili Chaos inaugura o vindeiro 1 de abril a súa exposición «Emoción en clave», que aborda a
Ir aInicio

Don't Miss