Monforte sumouse á celebración do Día da Policía Nacional cos Santos Anxos Custodios

A concelleira Pilar Espinosa representou ao Concello nun acto institucional no que se entregaron condecoracións e recoñecementos. Foto GPCM.

Monforte acolleu os actos conmemorativos do Día da Policía Nacional, festividade dos Santos Anxos Custodios, que incluíron unha misa na igrexa da Régoa e un acto institucional na Casa da Cultura Lois Pereiro. No evento, presidido polo inspector xefe Celso Dacal, participaron mandos e membros da Comisaría monfortina, así como representantes da Policía Local, Bombeiros, Garda Civil e autoridades municipais.
A concelleira Pilar Espinosa acudiu en representación acompañada doutros edís da Corporación. Durante o acto impuxéronse as Medallas ao Mérito Policial con Distintivo Branco ao inspector Celso Dacal Vázquez e ao axente José Luis Rodríguez López, e entregáronse diplomas aos vixilantes Juan Penoucos e Juan Carlos Díaz. O Concello destacou a labor da Policía Nacional e a súa colaboración coa Policía Local, factores que contribúen a manter Monforte como unha cidade segura e tranquila.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte impulsa un plan de acción local aliñado coa Axenda 2030

Seguinte Nova

Monforte acomete novas melloras no viario urbano con actuacións nas rúas Lagares e Santa Clara

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss