A Fundación Barrié impulsa a sexta edición das bolsas de investigación para universitarios galegos

A Fundación Barrié abriu a convocatoria da sexta edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, dirixido a universitarios galegos das áreas das Ciencias da Vida que queiran realizar prácticas de investigación durante o verán de 2026. O programa concederá ata quince bolsas para estadías en institucións académicas de prestixio internacional.
As prácticas terán lugar no University College London, nas súas divisións de Medicina e de Infeccións e Inmunidade; no Louisiana State University Health Sciences Center; no Massachusetts General Hospital e na Michigan State University. As bolsas están destinadas a estudantes con nacionalidade española e vinculación con Galicia, matriculados no curso 2025-2026 en titulacións como Medicina, Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Enxeñaría Biomédica, Xenética, Microbioloxía, Farmacia, Neurociencia, Bioinformática, Veterinaria ou Ciencias Biomédicas.
Durante a estadía, os participantes integraranse en proxectos de investigación reais e traballarán baixo a supervisión dun mentor, en laboratorios dotados con equipamento de vangarda. A dotación cobre gastos de viaxe, visado, seguro médico, manutención e taxas de exame de inglés. Os antigos bolseiros colaboran na selección de proxectos e fortalecen a rede internacional de investigadores vinculados a Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A FP medra con forza no sur de Lugo, cun 8% máis de alumnado este curso

Seguinte Nova

Pontón insta a Rueda a garantir a integración dos menores migrantes

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss