A Universidade da Coruña distingue a Emilia Casas como Doutora Honoris Causa

Foto UDC

A Universidade da Coruña investiu como Doutora Honoris Causa á xurista María Emilia Casas Baamonde, natural de Monforte e primeira muller en presidir o Tribunal Constitucional. O acto celebrouse no Paraninfo da Maestranza, coa presenza do reitor Ricardo Cao e numerosas autoridades galegas. No seu discurso, titulado O valor do Dereito Comparado e os valores fundamentais do Dereito da UE, a homenaxeada reivindicou o compromiso europeo coa liberdade, a cohesión social e os dereitos humanos, facendo tamén unha chamada á condena da violencia en Gaza. A UDC recoñeceu así a unha das figuras máis destacadas do Dereito laboral e pioneira na defensa da igualdade e da xustiza social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte rende homenaxe a Germán Macía nun partido solidario contra a ELA

Seguinte Nova

Monforte celebra o 35 aniversario do Conservatorio Adagio

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss