A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia deficiencias no servizo de Monbus

A Asociación Veciñal do Saviñao vén de trasladar as queixas da veciñanza polo funcionamento do servizo que Monbus presta no municipio. Entre os principais problemas, sinalan a falta de puntualidade e a información incorrecta sobre os horarios publicados na web da compañía. Segundo denuncian, “os horarios intermedios non se axustan á realidade” e as persoas usuarias deben chegar ás paradas con moita antelación para evitar perder o autobús.
Outra das incidencias máis recorrentes é a saturación de viaxeiros. A asociación asegura que, nos últimos meses, moitas persoas víronse obrigadas a viaxar de pé durante traxectos de máis de media hora, o que consideran unha situación “inadmisible”. Tamén critican a falta de flexibilidade do servizo en casos puntuais, como o dun viaxeiro ao que se lle prohibiu subir por levar unha maleta supostamente superior aos 30 quilos permitidos, sen comprobar o seu peso.
O colectivo lembra que as liñas interurbanas son concesións públicas e deben cumprir uns mínimos de calidade, puntualidade e seguridade. Por iso, instan ás administracións competentes a intervir, “pois o transporte público é un dereito básico que non pode verse supeditado aos intereses económicos dunha empresa privada”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda busca novas actuacións para poñer en valor o río Mao

Seguinte Nova

O PIE de Chantada formará a cen desempregados da comarca

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss