As cooperativas e sociedades laborais galegas contarán con máis apoio económico

A ampliación do programa Aprol Economía Social permitirá incorporar máis socios e fortalecer o tecido da economía social.
Foto Envato.

O DOGA publicou a ampliación do orzamento destinado ao programa Aprol Economía Social, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que impulsa a creación e o fortalecemento de cooperativas e sociedades laborais. A convocatoria de 2025 contará finalmente con preto de seis millóns de euros, o que supón un incremento próximo ao 20 % respecto da previsión inicial, co obxectivo de apoiar un maior número de proxectos e favorecer novas incorporacións de persoas socias.
Esta medida permitirá ampliar o número de beneficiarios entre as solicitudes presentadas antes do 16 de setembro, ao tempo que se estende ata o 29 de novembro o prazo de xustificación dos gastos subvencionables. O programa inclúe dúas liñas de axudas compatibles: unha dirixida ás cooperativas e sociedades laborais que incorporen novos socios ou traballadores indefinidos, e outra para as persoas que se integren nestas entidades ou o fagan tras iniciar unha actividade por conta propia.
A contía básica das axudas é de 6.000 euros, con incrementos do 25 % para mulleres, maiores de 45 anos, persoas con discapacidade, emigrantes retornadas ou trans, así como para proxectos en contornas rurais, cooperativas xuvenís ou de nova creación con catro ou máis socios.
Como novidade, a convocatoria deste ano amplía a tres anos o período de permanencia obrigatoria como cooperativa ou sociedade laboral e o mantemento do emprego fixo xerado. Esta iniciativa permitiu incorporar máis de 6.000 persoas ao tecido da economía social galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta activará axudas para familias con fillos en comedores escolares de xestión non autonómica

Seguinte Nova

Lucus Ensemble

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss