As universidades da Coruña e Salamanca analizarán o túnel de Montefurado

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil impulsa un estudo científico para avaliar o estado da estrutura e as condicións do río Sil

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e as universidades da Coruña e de Salamanca colaboran nun estudo que permitirá avaliar o estado do túnel romano de Montefurado, en Quiroga, co obxectivo de garantir a súa conservación. O acordo, asinado polo presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e os reitores Ricardo Cao e Juan Manuel Corchado, supón un investimento de 320.334 euros a cargo do organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
O traballo técnico abranguerá tanto a análise da estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso como o estudo das condicións hidrodinámicas do río Sil. “Obterase información científico-técnica que permitirá avaliar o comportamento da estrutura e definir medidas de conservación axeitadas”, indicou Quiroga.
A Universidade da Coruña asumirá a modelización hidráulica do túnel e do leito do río, mentres que a de Salamanca realizará o estudo xeolóxico-xeotécnico do macizo. Estes datos permitirán deseñar solucións para garantir a seguridade da obra.
O túnel, datado nos séculos I e II, é un dos vestixios máis representativos da minería romana no noroeste peninsular. Tras o derrubo de 1934, conserva 54 dos 150 metros orixinais e canaliza hoxe todo o caudal do Sil, o que provocou o asolagamento do antigo meandro e a perda das súas funcións ambientais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As ganderías de Sarria, entre as máis beneficiadas polas axudas do programa Marela

Seguinte Nova

O VI QuiMedo esgota as prazas e consolídase como referente do Samaín galego

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss