
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, mantiveron unha reunión para analizar posibles proxectos de posta en valor da contorna fluvial do río Mao e outras actuacións vinculadas ao patrimonio natural.
A Xunta de Galicia comprometeuse a estudar as propostas que presente o Concello e avaliar vías de cooperación para o seu desenvolvemento.•





