
A Oficina Municipal de Turismo de Chantada pechou a campaña de verán de 2025 cun incremento do 10,5% respecto ao pasado ano e un total de 3.729 visitantes entre xuño e setembro. A maioría procederon de Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía e País Vasco, mentres que o turismo internacional, que supón o 8,2% do total, medrou un 24% con visitantes de Francia, Reino Unido, Portugal e Canadá, ademais de novas procedencias como Grecia ou Nova Zelandia. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, subliñou “o interese crecente polo patrimonio románico, o Canón do Miño e o Monte Faro”. O recoñecemento de Chantada como Municipio Starlight e a boa acollida das actividades de astroturismo reforzan esta tendencia. A Oficina selou 482 credenciais do Camiño de Inverno, con predominio de peregrinos nacionais. Ademais, o Concello instalou un panel informativo no parque Eloísa Rivadulla para facilitar a orientación de veciños e visitantes.•





