
O Concello de Monforte colabora un ano máis coa Asociación Micolóxica Lactouros na organización das Xornadas Lactouras, que se celebran do xoves 23 ao sábado 25 de outubro con actividades gastronómicas, divulgativas e de campo. A tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro Manuel Luaces, membro da asociación, presentaron o cartel do programa.
A primeira cita foi o xoves cunha degustación a cargo do cociñeiro Marcos López na Gastrotasca da Rúa Rosalía de Castro, con prazas limitadas e inscrición previa. O venres, a doutora en Bioloxía María Cabaleiro impartirá no Centro do Viño a charla Fungos medicinais: tradición e saberes populares en Galicia.
O sábado os participantes realizarán unha saída ao monte para identificar cogomelos e asistirán a un xantar temático no restaurante Abadía San Simón. Ademais, haberá unha exposición de especies recollidas e actividades en colexios para achegar o mundo dos fungos aos máis novos.•





