
O festival Castañazo de Chantada celebrará a súa vixésima edición os días 31 de outubro e 1 de novembro cun cartel formado exclusivamente por bandas galegas, como The Rapants, A Banda da Loba ou Baiuca. O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, destacou o carácter pioneiro dun evento “feito desde a vila e para a vila”. O programa inclúe cantos de taberna, magosto, feira artesanal e actividades infantís.•





