O encontro Ultreia Galicia reunirá a máis de 200 axentes do ecosistema emprendedor

A cita, promovida pola Consellería de Emprego, celebrarase os días 27 e 28 de novembro no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil e servirá para conectar iniciativas locais con referentes internacionais

O encontro celebrarase no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025. Foto Arquivo.

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acollerá os días 27 e 28 de novembro o encontro Ultreia Galicia, emprendemento ligado ao territorio, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. A cita reunirá arredor de 60 referentes nacionais e internacionais, 30 empresas tractoras e 150 participantes co obxectivo de fortalecer a conexión entre o talento emprendedor galego e o ecosistema global, favorecendo novas sinerxías e proxectos de cooperación.
O foro insírese no recoñecemento de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, e pretende amosar como a innovación pode nacer do ámbito local e rural e proxectarse internacionalmente.
Durante as dúas xornadas do encontro, abordaranse tres eixos principais —sector primario, recursos naturais e comercio-turismo—, con presentacións, mesas redondas e espazos para o intercambio de ideas e experiencias. A inscrición é gratuíta e pode realizarse en www.ultreiagalicia.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

PSdeG e BNG acusan á Xunta de presentar uns Orzamentos «irreais e propagandísticos»

Seguinte Nova

Nova edición das Xornadas Lactouras, dedicadas á divulgación micolóxica

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss