O VI QuiMedo esgota as prazas e consolídase como referente do Samaín galego

A cita de terror de Quiroga reunirá o sábado 25 de outubro a 1.200 participantes nun percorrido con oito casas temáticas. Foto RTMQ.

O Concello de Quiroga presentou esta semana a sexta edición do QuiMedo, unha das citas máis multitudinarias do Samaín en Galicia, que desenvolverá o seu percorrido de terror o sábado 25 de outubro. O evento pechou o prazo de inscricións ao acadar o límite de 1.200 prazas, quedando un pequeno número dispoñible o mesmo día da actividade. O itinerario, que percorre o casco urbano de Quiroga e Pacios de Mondelo, inclúe oito casas temáticas ambientadas e máis dun cento de voluntarios caracterizados para provocar medo entre o público. Entre as propostas desta edición figuran “A Monxa”, “O Espantallo”, “O taller da morte”, “Piratas 2”, “O Inferno”, “O último de Nós”, “Mac Guarro” e “Survival. O Labirinto”. O pavillón municipal será o punto de encontro, con apertura ás 19.00 horas para a recollida de pulseiras e actividades infantís. O percorrido iniciarase ás 21.30 e prolongarase durante tres horas, seguindo un mapa que evitará aglomeracións. A xornada rematará coa festa Horror Night, amenizada polo DJ Pablo da Disco Móbil Dolce Vita. Dende a organización agradecen a colaboración do Concello e dos veciños que fan posible esta experiencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As universidades da Coruña e Salamanca analizarán o túnel de Montefurado

Seguinte Nova

Torbeo revive a figura da “Bruxa” cun exitoso encontro cultural

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss