
O xurado do certame Vilas en Flor visitou o venres 17 de outubro Chantada para coñecer o traballo desenvolvido polo Concello na conservación e mellora das súas zonas verdes. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Diego Otero, acompañaron a delegación e presentaron unha memoria con actuacións recentes en parques, xardineiras e mobiliario urbano. O concello, que conta con máis de 35 hectáreas de espazos públicos e cinco parques infantís, confía en manter as catro Flores de Honra que ostenta desde hai sete anos. O Concello destacou o reforzo das accións no paseo fluvial do Asma e nas áreas verdes de Marín e da Alameda, así como a aposta pola participación cidadá en iniciativas de decoración floral e o uso de vehículos eléctricos no mantemento.•





