
O pasado sábado 18 de outubro, Torbeo acolleu a primeira edición do “Día de Bruxas”, unha xornada que reuniu arredor de 150 persoas para homenaxear a Filomena Arias, coñecida como a “Bruxa de Torbeo”. O programa incluíu un paseo polo meandro da Cúbela, unha mesa redonda sobre a súa figura e unha visita polos lugares vinculados á súa vida. A celebración completouse cun magosto e actuacións musicais.•



