O PP de Monforte recorre á Valedora do Pobo polos atrancos no acceso á documentación municipal

A voceira popular, Katy Varela diante da oficina da Valedora do Pobo.
Foto GPPP.

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou un recurso de amparo ante a Valedora do Pobo de Galicia ao considerar que o alcalde, José Tomé, pon “trabas continuas” ao acceso á documentación das xuntas de goberno e doutros expedientes. A voceira popular, Katy Varela, explicou que “vémonos obrigados a recorrer á Valedora para poder exercer a nosa función de control”.
Segundo indicou, o envío das actas sufriu atrasos reiterados, acumulando máis dun mes de demora. Varela cualificou esta situación de “vulneración dos dereitos dos concelleiros” e criticou a “nula transparencia” do rexedor monfortino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Caída da Folla

Seguinte Nova

O PSdeG-PSOE analiza en Taboada os retos da comarca e reforza a coordinación interna

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss