O PSdeG-PSOE analiza en Taboada os retos da comarca e reforza a coordinación interna

– José Tomé Roca e Pilar García Porto encabezaron o encontro, no que participaron alcaldes, voceiros e secretarios xerais das agrupacións do suroeste

O pasado martes, Taboada acolleu unha nova reunión comarcal do PSdeG-PSOE no marco do calendario de encontros impulsado pola Executiva Provincial. A cita estivo presidida polo secretario xeral do partido na provincia, José Tomé Roca, e pola vicesecretaria xeral e secretaria de Organización, Pilar García Porto. Participaron alcaldes, voceiros e responsables das agrupacións de Chantada, Carballedo, Palas de Rei, Antas de Ulla, Taboada e Portomarín, así como o delegado comarcal do suroeste, Rafael García Figueiras.

Durante a sesión abordáronse cuestións como o impacto do proxecto Altri, a moratoria do eucalipto e a situación dos concellos no ecuador da lexislatura. Tomé Roca advertiu que “o suroeste da provincia de Lugo é unha zona estratéxica que precisa políticas ambiciosas e de futuro, non anuncios baleiros nin improvisación”. García Porto destacou que estas xuntanzas “permiten reforzar a coordinación, compartir experiencias e anticiparse ás necesidades do territorio”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte recorre á Valedora do Pobo polos atrancos no acceso á documentación municipal

Seguinte Nova

Monforte proxecta unha gran fonte no Parque dos Condes cun investimento de 677.000 euros

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss