A Xunta licita por máis dun millón de euros a mellora enerxética do edificio xudicial de Monforte

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou a licitación das obras de optimización enerxética do edificio xudicial de Monforte, cun orzamento que supera o millón de euros. Trátase de modernizar as infraestruturas xudiciais e reducir o gasto eléctrico, apostando por instalacións máis eficientes e respectuosas co medio ambiente.
Os traballos previstos céntranse na mellora da envolvente do inmoble, coa renovación de cubertas e peches exteriores, ademais da actualización das instalacións eléctricas e do illamento térmico. O obxectivo é diminuír o consumo asociado ao uso diario do edificio.
A licitación realizarase mediante procedemento aberto e con pluralidade de criterios, co fin de garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades. Esta intervención intégrase nun plan de eficiencia enerxética en edificios xudiciais galegos, que conta cun investimento global de 6,8 millóns de euros. Estas actuacións permiten avanzar cara a unha xustiza con instalacións máis sostibles, accesibles e funcionais, contribuíndo á loita contra o cambio climático e mellorando a calidade do servizo público.• (Foto Arquivo)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte licita as obras de mellora no parque do Doutor López Suárez

Seguinte Nova

O BNG pide á Xunta investigar o funcionamento da residencia Domus VI

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss