Os polos de emprendemento de Monforte e Sarria impulsan proxectos empresariais

Os deputados autonómicos Raquel Arias e José Manuel Mato visitaron a área de autocaravanas aberta en Sober e coa que colabora o centro de Monforte. Fotos GPPP.

A Xunta de Galicia reforzará o próximo ano o apoio aos polos de emprendemento e apoio ao emprego da provincia de Lugo, entre eles os de Monforte de Lemos e Sarria, cun investimento global que rolda os 650.000 euros. Estes centros, creados hai tres anos, converteron o sur da provincia nun referente na dinamización empresarial e na creación de novas oportunidades laborais no medio rural.
Os deputados autonómicos do PPdeG Raquel Arias e José Manuel Mato destacaron, durante unha visita á área de autocaravanas de Sober —un proxecto impulsado co acompañamento técnico do polo de Monforte—, que estas instalacións “son unha ferramenta clave para apoiar as persoas con ideas de negocio e facilitarlles o camiño para que poidan levalas á práctica”.
Desde a súa posta en marcha, os cinco polos lucenses (Monforte, Sarria, Friol, Mondoñedo e A Fonsagrada) atenderon máis de 1.100 proxectos, dos cales preto de 800 seguen activos. Case un millar de persoas emprendedoras recorreron a estes espazos para recibir asesoramento e apoio, sendo mulleres o 56% das participantes.
Os datos tamén reflicten unha ampla presenza de persoas de entre 30 e 55 anos, un segmento clave para o mantemento da actividade económica no territorio. En total, realizáronse máis de 3.400 sesións de titoría.
En canto aos sectores, o peso maioritario correspóndese coa hostalería, cun 20% dos proxectos, seguido do comercio (16%) e os servizos (12%).
Estes espazos ofrecen información sobre oportunidades de negocio, apoio técnico personalizado, formación e axudas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte abre o prazo de axudas para a creación de novas empresas

Seguinte Nova

Semente Ribeira Sacra aposta pola innovación e o emprendemento no rural

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss