
A Casa-Museo Genia Trigo celebrou en un encontro con Ignacio Gómez de Liaño, figura destacada do arte experimental en España. A sesión estruturouse en tres bloques: o gnosticismo e o coñecemento visual mediante mandalas, unha aproximación ao percorrido creativo de Dalí e unha análise da poesía visual, disciplina na que o autor é referente. Gómez de Liaño expuxo como a imaxe, o símbolo e a palabra poden funcionar como vías paralelas de percepción e comprensión. O interese do público mantívose constante, favorecido tamén polo carácter próximo do creador e pola singularidade do espazo que acolle o museo. A xornada rematou cunha degustación de viños e produtos locais, o que reforzou o papel do encontro como punto de unión entre cultura, territorio e comunidade na Ribeira Sacra.•



