A candidatura da Ribeira Sacra avanza na recta final cara ao recoñecemento da Unesco

Unha delegación galega e estatal mantivo en París unha reunión técnica clave para perfilar a documentación definitiva. Foto EV.

A Xunta continúa a dar pasos decisivos na tramitación da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, un proceso que entrará na súa fase final a comezos de 2026. A semana pasada, unha delegación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañada por representantes do Ministerio de Cultura, desprazouse a París para manter unha reunión de traballo cun comité de expertos da Unesco. O encontro buscou revisar e aclarar aspectos do expediente presentado en xaneiro, así como afondar nas valoracións emitidas polo observador de Icomos que visitou o territorio durante o outono.
Ao remate da xuntanza, o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, afirmou que “as sensacións seguen a ser moi boas e fan confiar na consecución desta distinción en 2026”. Miramontes explicou que a delegación galega insistiu nos elementos que sustentan a proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga, un territorio que abrangue 26 concellos de Lugo e Ourense cun modelo de uso da auga quec“non está suficientemente representado na Lista de Patrimonio Mundial”.
Lembrou que o observador internacional puido coñecer sobre o terreo a singularidade da paisaxe cultural candidata, unha información que se sumou aos informes xa presentados. “Agora correspóndenos ampliar e matizar estes contidos cara á documentación definitiva, que deberá entregarse antes do 27 de febreiro de 2026”, apuntou. O director xeral subliñou que cada avance é “crucial” de cara á decisión final prevista para o segundo semestre do próximo ano e agradeceu o apoio do Ministerio de Cultura, así como da veciñanza, entidades e institucións locais implicadas.
A delegación tamén puxo en valor o investimento realizado pola Xunta na última década para reforzar a protección do patrimonio da zona. Segundo detallou Miramontes, preto de 8 millóns de euros permitiron desenvolver máis de 90 actuacións en bens arquitectónicos e arqueolóxicos, entre eles igrexas, mosteiros, castros ou xacementos romanos. “Co esforzo conxunto, a Ribeira Sacra é hoxe un territorio máis vivo e máis coidado, e confiamos en que o recoñecemento internacional contribúa a reforzar aínda máis esta traxectoria”, concluíu.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Caída da Folla pecha edición cun cheo total e outubro consolida a recuperación turística na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

A Deputación completa a mellora de estradas provinciais no concello de Bóveda

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss