
Este martes, 25 de novembro, a Pobra do Brollón sumouse á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cunha concentración diante do Concello. O alcalde Xosé Lois Maceda abriu o acto, seguido da lectura do manifesto pola concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro, antes de gardar un minuto de silencio polas vítimas. No texto, lembráronse as 38 mulleres asasinadas no Estado no que vai de ano e a necesidade de erradicar todas as violencias que sofren polo feito de selo. O concello destacou o traballo do seu Plan de Igualdade e da área específica, que colabora con centros educativos, Servizos Sociais e rede veciñal para avanzar cara a un entorno seguro e igualitario. A participación da veciñanza reforzou a mensaxe de unidade contra o machismo, nun acto que tamén contou con material divulgativo e recordatorios simbólicos cedidos pola Deputación de Lugo e fondos do Pacto de Estado, como mostra do compromiso institucional.•



