Chantada reforza a xestión ambiental con melloras no punto limpo e novos servizos móbiles

Foto GPCCH.

O Concello de Chantada continúa a mellorar a recollida de residuos e a promoción do reciclaxe, cunha aposta pola información cidadá mediante campañas en centros educativos e accións a pé de rúa. Desde 2022, os traballos céntranse no punto limpo, que ampliou capacidade e seguridade grazas a fondos europeos Next Generation UE. Cun investimento próximo aos 50.000 euros, dos que o concello achega o 10%, instaláronse contedores de gran volume de 30 e 15 metros cúbicos, reforzouse a iluminación e creouse unha zona cuberta de 12×3 metros para reciclaxe circular. Nese espazo, os obxectos en bo estado poderán ser reutilizados por outras persoas. “Os elementos que estean en boas condicións colocaranse nesta caseta para a xente que queira darlle unha nova vida”, indicou o alcalde Manuel Lorenzo Varela, citando lámpadas, libros ou aparellos electrónicos. Ademais, coa liña 3 da subvención, investíronse 48.400 euros na compra dun vehículo eléctrico para desprazar puntos limpos móbiles polas parroquias cada quincena, reforzando a recollida en aldeas e nos dous puntos de proximidade da vila. Este servizo busca facilitar a entrega de enseres e reducir verteduras ilegais, completando así unha estratexia que combina innovación, sustentabilidade e proximidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada reafirma o seu compromiso contra a violencia machista no 25N

Seguinte Nova

A Oficina de Emprego de Monforte tamén acollerá o Polo de Emprendemento

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss