O Concello de Monforte presenta os orzamentos «máis sociais da súa historia»

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca e a concelleira de Facenda, Gloria Prada, durante a presentación dos Orzamentos 2026. Foto GPCM.

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou o pasado xoves o proxecto de orzamentos municipais para 2026, unhas contas que, segundo indicou, son “os máis sociais da historia” e que superan os 18 millóns de euros.
A proposta, elaborada polo executivo local e presentada xunto á concelleira de Facenda, Gloria Prada, foi debatida e aprobada no pleno do 24 de novembro para a súa entrada en vigor en xaneiro.
Tomé salientou que o documento mantén conxeladas as taxas por undécimo ano consecutivo e recolle un incremento do 3,49% nos ingresos, apoiado principalmente na participación nos tributos estatais. O rexedor destacou tamén o peso das políticas sociais, cun reforzo do Servizo de Axuda no Fogar e do programa Xantar na Casa, así como o aumento de partidas para conciliación, gardería e actividades culturais. En materia de investimentos, reserváronse fondos para a EDAR do Reboredo, a Ronda Urbana e actuacións vinculadas á creación de emprego.
CRÍTICAS DO PARTIDO POPULAR
O Grupo Municipal do PP realizou a súa primeira valoración dos orzamentos presentados polo alcalde de Monforte para 2026. A portavoz, Katy Varela, afirmou que as contas manteñen “o continuísmo de sempre” e que non incorporan un proxecto claro para a cidade. Criticou, ademais, a previsión de 650.000 euros en sancións e o peso dos gastos correntes. Sobre os investimentos, Varela asegurou que son “moi limitados” e que non abordan problemas clave como abastecemento ou saneamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación aproba uns Orzamentos para o 2026 centrados no benestar e no apoio aos concellos

Seguinte Nova

A Caída da Folla pecha edición cun cheo total e outubro consolida a recuperación turística na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss