O Concello executa a renovación da cuberta da Casa da Cultura

O Concello de Bóveda está a acometer o cambio de cuberta na Casa da Cultura, cun investimento de 51.272 €. Foto GPCB.

O Concello de Bóveda ten en marcha a obra de substitución da cuberta da Casa da Cultura, unha intervención que permitirá solucionar filtracións e mellorar o uso diario dun edificio que leva en servizo desde finais dos anos noventa. A actuación, valorada en 51.272 euros, inicouse tras o convenio asinado entre o alcalde, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, polo que a Xunta achega o total do investimento previsto. Segundo o recollido no acordo, estas melloras considéranse necesarias para garantir unha programación cultural ampla e estable. Arias subliña que o centro é “un dos espazos máis empregados pola veciñanza” e lembra que nel se desenvolven cursos, talleres e actividades comunitarias, ademais de acoller a Biblioteca Pública Municipal e o PAI. A previsión municipal é que os traballos rematen nas próximas semanas, o que permitirá recuperar plenamente a funcionalidade das instalacións e ofrecer un servizo máis cómodo e seguro aos usuarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Vendaval: a ligazón cultural entre Galicia e Portugal

Seguinte Nova

Sober celebra a primeira estrela Michelin da provincia coa distinción a Vértigo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss