O I Foro de Emprego da Ribeira Sacra analiza os retos laborais na comarca

A xornada reuniu empresas e entidades sociais para avanzar en propostas comúns sobre vivenda, formación e contratación.
Foto GPRSN.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu o I Foro de Emprego da comarca, unha iniciativa promovida por Ribeira Sacra Next xunto a diversas entidades sociais. Preto de corenta representantes do tecido empresarial e social participaron nun encontro orientado a identificar problemas laborais e a establecer mecanismos de colaboración.Entre as principais conclusións, destacouse a escaseza de man de obra e a necesidade de ligar a procura de emprego co acceso á vivenda e coa formación. As entidades defenderon crear unha figura que dea seguridade xurídica ás persoas propietarias e elaborar un mapa de necesidades formativas que conecte os perfís profesionais que demandan as empresas coa oferta existente.
O Foro puxo o foco tamén na importancia de manter unha comunicación estable entre empresas e persoas demandantes. Neste sentido, presentouse o novo portal de emprego impulsado pola asociación, cualificado polos asistentes como a primeira ferramenta desta natureza na comarca. O xerente, David Diéguez, explicou que a plataforma “vai medrando progresivamente” e que xa facilitou varias contratacións.
A sesión contou coa participación de representantes da Xunta e do empresariado, ademais das organizacións colaboradoras Acción contra el Hambre, Albores, Cáritas, Igaxes, Provivienda e a Fundación Belarmino Fernández.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Oficina de Emprego de Monforte tamén acollerá o Polo de Emprendemento

Seguinte Nova

A tarxeta Xente Nova supera os 132.000 usuarios e reforza o uso do transporte público

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss