O PSdeG reforza en Monforte a coordinación comarcal de cara aos próximos meses

A dirección provincial reuniuse coas agrupacións de Lemos. Fotos GPPSdeG.

A dirección provincial do PSdeG celebrou en Monforte unha nova reunión coas agrupacións da comarca de Lemos para analizar o momento político e preparar o traballo dos vindeiros meses. No encontro participaron representantes dos nove concellos da zona, nunha xuntanza centrada na coordinación territorial e na planificación electoral. O secretario xeral provincial, José Tomé, avanzou que o partido presentará listas en todos os municipios “con equipos preparados e proxectos serios para responder ás necesidades reais da cidadanía”.
A dirección destacou o papel de Monforte como segunda cidade da provincia e subliñou os avances que se están a impulsar desde diferentes administracións, entre eles as actuacións ferroviarias e os investimentos da Deputación en servizos básicos. Para a dirección socialista, estas accións “contribúen a dinamizar a comarca e a consolidar o seu peso dentro da provincia”.
Tomé advertiu, con todo, de que estes progresos “topan cos límites dun Goberno galego instalado na parálise”, e lembrou que continúan pendentes proxectos estratéxicos da Xunta, como o Porto Seco. Referiuse tamén á falta de apoio ao sector primario e ao vitivinícola, sinalando que a Ribeira Sacra “merece unha aposta turística seria e estable”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Montañas do Courel: Un recuncho de pegadas fondas

Seguinte Nova

O PP pide no Senado habilitar inmobles públicos, como os de Adif en Monforte, para vivenda accesible

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss