“O Son da Serra” revive o incendio do Courel nun documental

A longametraxe presentada en Folgoso do Courel recolle testemuños e imaxes do maior lume da historia de Galicia ata 2025. Foto NA.

O documental O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa foi presentado esta fin de semana en Folgoso do Courel ante veciñanza e protagonistas do maior incendio vivido en Galicia ata agosto de 2025. A obra, dirixida por Ana Belén Fernández e Paulino Rodríguez, con fotografía de Emilio Romanos e banda sonora de Ale González, reconstrúe o lume que arrasou case 13.000 hectáreas en xullo de 2022, afectando aos concellos de Folgoso, A Pobra do Brollón e Quiroga e obrigando a evacuar máis de mil persoas. A través de entrevistas gravadas desde aqueles días, recolle emocións e medos, xunto a imaxes cedidas polo servizo de extinción. O proxecto pretende deixar constancia histórica, sensibilizar sobre a importancia de coidar este territorio e informar sobre os riscos dos incendios convectivos. Tras o pase, anunciouse a súa difusión en festivais e centros educativos para promover conciencia ambiental e protocolos de prevención. Ademais, os responsables subliñaron que este traballo é tamén unha homenaxe ás persoas que loitaron contra o lume e ás que, malia a destrución, seguen apostando por manter viva a riqueza natural e cultural da serra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Olga Novo, veciña de Vilarmao, gaña o III Premio Letras Galegas Vivas

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón lembra ás vítimas da violencia machista no 25N

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio

Don't Miss