O Xeoparque Montañas do Courel pecha o Outono Xeolóxico cunha ruta sobre ferro e viño

A derradeira actividade levou aos participantes por miradoiros, pontes históricas e rematou cunha cata no Pazo da Costa. Foto XMC.

O programa Outono Xeolóxico do Xeoparque Montañas do Courel concluíu onte coa Xeorruta do Ferro 2, centrada nas pontes de ferro e nos pazos vinculados ao viño. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo deu a benvida aos asistentes, acompañada polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro, e polo primeiro tenente de alcalde de Quiroga, Vicente Parra. A iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, busca promover e difundir os recursos do territorio. A ruta incluíu visitas aos XeoMiradoiros das Fontes e A Pómez, un paseo interpretado pola contorna de San Clodio e, como broche final, unha cata de viños no Pazo da Costa, acompañada de pinchos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga alza a voz contra a violencia machista no 25N

Seguinte Nova

Galicia inicia o ensaio clínico Sincigal para avaliar a vacina contra o virus respiratorio sincitial en maiores de 60 anos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss