
O restaurante Vértigo, situado en Sober e dirixido polo chef Rafa Centeno, recibiu a primeira estrela Michelin da provincia de Lugo, un recoñecemento que marca un fito na Ribeira Sacra. O local, integrado na bodega Regina Viarum e aberto hai pouco máis dun ano, aposta por reinterpretar o produto galego en clave contemporánea. Centeno agradeceu o galardón en nome dun equipo “moi novo e con enorme ilusión” e salientou que o éxito responde a “moita forza, moita paixón e moito cariño” no traballo diario. O cociñeiro subliña que a intención é “transportar a Ribeira Sacra á mesa” e reforzar o valor gastronómico e cultural do territorio. A guía destacou a experiencia que ofrece o espazo, estreitamente ligado á paisaxe do Miño. Con esta distinción, Lugo entra por fin na cartografía Michelin, convertendo Sober nun referente culinario en pleno corazón da Ribeira Sacara.•



