Unha rehabilitación en Pantón, protagonista nos Premios Galicia de Arquitectura Técnica

O segundo premio recoñeceu a rehabilitación da antiga bodega da Casa da Fonte, situada en Ferreira de Pantón. Foto CGA.

A última edición dos Premios Galicia 2024-2025 da Arquitectura Técnica volveu poñer o foco no patrimonio rural, cun recoñecemento especial para un proxecto desenvolvido en Pantón. O Consello Galego da Arquitectura Técnica entregou os galardóns no acto de graduación da EUATAC, nun encontro que reuniu profesorado, alumnado e responsables dos colexios profesionais.
O segundo premio foi para o estudante Pablo Feijóo González pola rehabilitación da antiga bodega da Casa da Fonte, en Ferreira de Pantón. O inmoble, construído en pedra e ligado durante décadas ás tarefas agrícolas dunha casa solariega restaurada en 2015, conserva un escudo de 1756 na entrada principal. A proposta recupera o edificio respectando os materiais tradicionais e o contorno, con actuacións destinadas a garantir estabilidade e uso funcional. Feijóo tamén recibiu o recoñecemento ao mellor expediente académico da súa promoción.
O primeiro premio recaeu nun traballo centrado en Parada de Sil, mentres que dous accésits recaeron en proxectos de rehabilitación en Vimianzo e Coristanco. O xurado destacou a calidade das propostas e o compromiso coa recuperación do patrimonio construído en concellos rurais afastados das áreas urbanas.
Durante o acto, representantes do Consello Galego da Arquitectura Técnica subliñaron a importancia da profesión na Galicia do futuro e valoran o esforzo das novas xeracións. A arquitecta técnica Carolina Meira Montana pronunciou unha conferencia sobre innovación no sector, e o presidente do Consello, Carlos Mato Méndez, animou o alumnado a encarar a súa etapa profesional con “ilusión e especialización” ante os retos tecnolóxicos que vive o sector.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A planta de Oural recibe o Premio á Excelencia Química Empresarial

Seguinte Nova

Olga Novo, veciña de Vilarmao, gaña o III Premio Letras Galegas Vivas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss