
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou ao Concello a aprobación dunha ordenanza que prohiba plantar especies pirófitas, como eucaliptos e piñeiros, polo seu alto risco de propagación do lume. A proposta chega tras os graves incendios do verán e alerta da emerxencia climática. “É hora de adoptar medidas preventivas para evitar novas catástrofes e frear o despoboamento”, sinala a presidenta Celia Ferreiro.•



