Os programas Coñece a túa provincia, Rutas polo románico e Turembalses destacan na promoción turística da provincia

A Deputación de Lugo rematou 2025 consolidando o seu modelo de turismo sostible e de calidade a través de proxectos centrados en encoros, patrimonio románico e viaxes de proximidade. Así se puxo de relevo na última reunión anual do Concello Provincial de Turismo, celebrada este venres no Salón de Actos, na que se analizou o balance das iniciativas promovidas ao longo do ano.
O programa Coñece a túa provincia, na súa quinta edición, contou coa participación de 135 asociacións sen ánimo de lucro, ofrecendo viaxes gratuítas por distintos concellos e resultando un éxito de afluencia e valoración entre os participantes. Pola súa banda, Rutas polo románico achegou o patrimonio arquitectónico a case 300 persoas en visitas organizadas por 19 concellos durante os meses de maio e xuño, reforzando o interese polo románico da provincia.
A Deputación tamén sumouse ao proxecto Turembalses, destinado a promocionar o turismo vinculado a presas, e dentro deste marco desenvolveu o programa Encoro Aventura, con experiencias singulares vinculadas ás infraestruturas hidráulicas. Estas accións completáronse con presenza institucional en feiras turísticas, como Fitur, Expomar, Fairway ou Xantar.•



