A Seara, elixida pola revista Viajar como o pobo máis bonito da provincia

A Seara destaca pola súa arquitectura tradicional e a paisaxe da Serra do Caurel. Foto CQ.

A revista Viajar incluíu A Seara na súa lista anual dos pobos máis bonitos de España, recoñecéndoo como o máis destacado da provincia de Lugo. Cada ano, a publicación percorre as 52 provincias para seleccionar enclaves que sobresaen polo seu encanto, propostas turísticas e autenticidade. Situado no concello de Quiroga, A Seara é descrito como “unha xoia da arquitectura de montaña” en pleno corazón da Serra do Caurel. As casas de pedra, tellados de lousa e balcóns de madeira configuran un conxunto que se abre ao val do río Selmo, co pico Formigueiros dominando a paisaxe. “Rúas estreitas e natureza en estado puro definen a vida nestas montañas”, sinala a revista, que destaca o carácter rudo e auténtico do lugar. Este recoñecemento reforza a proxección turística do Xeoparque Montañas do Courel e ofrece rutas de sendeirismo, miradoiros e experiencias ligadas á cultura tradicional, converténdose nun destino cada vez máis valorado polos amantes do turismo rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga prepara un Mercado de Nadal para impulsar o comercio e a artesanía locais

Seguinte Nova

A Deputación completa a adxudicación para equipar o complexo de Augasmestas

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss