A Xunta inviste 58.000 euros na mellora de locais sociais en Sarria e comarca

Seis asociacións veciñais beneficiáronse das axudas para acondicionamento e accesibilidade. Foto GPXG.

A Xunta destinou preto de 58.000 euros á reforma de locais sociais de seis asociacións da comarca sarriá. O delegado territorial, Javier Arias, visitou os inmobles das entidades Ajuilaouca e D’Carballo D’Arroxo, en Sarria, para comprobar as obras realizadas. No primeiro caso, instalouse un valado de piñeiro, arranxáronse escaleiras e construíuse unha rampla con varanda. Na antiga escola de Goimil substituíuse a cuberta deteriorada e mellorouse a accesibilidade. Tamén recibiron axudas as asociacións de Betote, Manán-Mato San Salvador, San Mariño de Río (Láncara) e Rivas de Miño (O Páramo). Arias destacou que estas achegas, convocadas cada ano, buscan apoiar actividades sociais e dotar os locais de mellores condicións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Concedida a autorización ambiental á planta de combustibles recuperados que Votorantim proxecta en Sarria

Seguinte Nova

Sarria prepara máis de trinta actividades para celebrar o Nadal

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss